Wednesday, January 31, 2007
















Vivimos nun país
amenazado co temor
de si mañá
é posible que nos maten,
que maten a algún coñecido noso.

Temos medo,
é normal,
non sabemos
o que poden facer.

Só sentimos
todas esas mortes
que van a máis,
pouco a pouco,
e lamentablemente.

Friday, January 26, 2007

Inocente cativo
que todo o pos da túa parte,
Que non sabes o que pasa,
e que non sabes o que pasa,
e que a vez te enteras de todo,
viñeches no momento adecuado,
no tempo exacto.

Somos xa moitos
os que brincamos
contigo,
os que rimos
contigo,
os que xogamos
contigo,
os que te queremos
connosco.

Sempre serás parte de nós,
igual que o foi,
e sempre o será, el,
aquel que se puido salvar,
e hoxe estar aquí,
disfrutando de ti como nós.


Tamén lle alegrarías a vida
a aquel señor do que ías levar o nome,
aquel a quen todos coidamos
aínda tendo dous e cinco anos,
aquel que botamos en falta
e, ó que un meniño coma ti,
un homiño inquieto,
lle sorprendería,
como algunha outra
revolucionaria rapaza
lle fixen ter un sorriso na cara
durante os dous últimos anos.






Tempos de igualdade, ou iso é o que din.

Algúns pensan aínda que a muller debe permanecer encerrada na casa, facendo "labores do fogar", ¿a caso os homes non o deben facer?, que as mulleres teñen que coidar dos fillos, ¿e logo os homes non teñen a mesma obrigación?, que as mulleres son inferiores, ¿e por qué?

Outros pensan que os ricos teñen máis dereitos e os pobres máis obrigacións, e logo, ¿por qué os pobres deben someterse ós ricos?, pensan tamén que a igualdade intelectual non existe, que os ricos son os listos e os pobres os incultos.

Estes todos son os que loitan pola DESIGUALDADE. Grazas a Deus, a mentalidade social evolucionou, e algúns vivimos no século XXI, á pesar de que outros vivan no Paleolítico.
Na brétema,
esculca os nosos corazóns.
Cando chove,
lava as nosas decepcións.
Cando xea,
conxela os nosos sentimentos.
Nos días de sol,
brilla a nosa ledicia, a nosa alegría.
Cando saraiba,
golpea o noso enfado, o noso odio.
Na neve,
somos almas errantes que vagamos
sen sentiso concreto.
¿Quen nos guía?,
non o sei.
¿Quen é esa "alma" superior?,
nin sequera sei se existe.
¿Hai algo que nos controla?,
¿Existe o destino?,
si mais non o sei,
pódeselle chamar así.

Wednesday, January 24, 2007


Chorar, choramos.
Rir, rimos.
Sempre xuntas.

Somos amigas,
irremediablemente.

Non somos pedras.

Dicimos o que pensamos
e o que queremos,
sen complexos.

O tempo non medra
a felicidade das amigas.

Algunhas sempre estarán
nos nosos corazóns,
e outras só serán un
recordo a borrar.

Pero as boas,
sempre estarán aí.

Para vós:
Shaila,Fanny,Lucía;
Tania,Chyky,Rakel;
Mónika, Marta, Crystynyta;
Noemi,Patricia,Sandra;
e outras moitas;
para vós, moitos bicos,
e grazas por todo.
Temos gañas de vivir;
temos gañas de estar aquí,
cos nosos;
temos gañas de rirmos da vida.
Temos gañas de saír para adiante,
pero sempre acabamos chorando,
algo nos estanca,
algo nos rompe a paos,
na inxustiza da súa ledicia;
e fainos medrar,
e fainos máis fortes,
na tristeza.

Tuesday, January 23, 2007

Ela estaba triste,
a decepción foi moi grande.
As bágoas esbaábanlle
polas súas meixelas apagadas,
esa alegría de seu,
entrou nun coma profundo neses días,
neses tristes días,
neses funestos días.

No mellor cortóuselle a ledicia,
no mellor rematóuselle a felicidade.

Agora xa está mellor,
volveu a súa alegría natural,
voltaron as súas meixelas sonrosadas,
o seu espírito xovial.


Xa volve a ser ela,
como é sempre,
a que nos enerxía
e nos axuda a seguir.

Wednesday, January 17, 2007

Es lobo famento
que ouvea no infindo do val,
......lóbrego mensaxeiro
......que achega no Vento
............o laso
......................selo do mal

MÓNICA VÁZQUEZ PRADO






Wednesday, January 10, 2007

Novo ano,
novas vidas
que as amigas
debemos de comezar.

Esquecer todo o malo,
do ano xa rematado.

Faremos o propósito
dunha nova vida,
sen preocupacións,
axudandonos como antes.

Seguiremos a ser as amigas
que sempre fomos,
pese a quen lle pese,
estaremos por sempre
UNIDAS.

Tuesday, January 09, 2007


Coa túa inocencia cativa,
ti chegas ata os nosos corazóns
sorrinte e divertido,
con todo o teu menudo corpiño,
tirado polo chan.

Eres o máis novo
e o máis revoltoso,
pero lograches chegar tamén
o seu complicado corazón.
quérete como o que máis,
está triste e anoxada,
porque algo quedou no camiño
desta inxusta vida
que non a deixa avanzar con normalidade,
que non nos deixa seguir tampouco ós demais.

Só ti nos puideches
aledar os nosos corazóns,
así pois que non volva pasar o que xa foi,
non fai falla algunha.
Na súa tristura
agora se somerxe.


Coa súa melancolia
a todos nos deprime.

Ela é a nosa alegría,
se ela nos falta,
se ela está triste,
¿cómo podemos
estar nós?

A vida danos paos inútiles
que son probas que nos temos
que nos temos que superar.

Recórdao,
ti podes facelo,
e non te preocupes,
que as amigas ,
para iso estamos.

Ti axudáchenos,
agora nós
temos que axudarche.


SEMPRE CONTIGO,
nós todas