Tuesday, January 23, 2007

Ela estaba triste,
a decepción foi moi grande.
As bágoas esbaábanlle
polas súas meixelas apagadas,
esa alegría de seu,
entrou nun coma profundo neses días,
neses tristes días,
neses funestos días.

No mellor cortóuselle a ledicia,
no mellor rematóuselle a felicidade.

Agora xa está mellor,
volveu a súa alegría natural,
voltaron as súas meixelas sonrosadas,
o seu espírito xovial.


Xa volve a ser ela,
como é sempre,
a que nos enerxía
e nos axuda a seguir.

2 comments:

Anonymous said...

gustoume moito o teu poema e moi chulo.

Anonymous said...

gustoume moito o teu poema xa que me fixo recordar bos momentos