Wednesday, February 14, 2007

Vivimos negando
e atopamos
a esa persoa
que nos enche
todo o noso tempo.

Empezamos a
remplantexarnos
a nosa opinión
e dámonos de conta
de que estabamos enganados,
o amor é algo marabilloso.


O amor é relativo,

podemos estar namorados,

podemos amar a vida,

as plantas, os animais....,

pero do que

non cabe

dúbida algunha

é de que é

un sentimento nobre,

aínda que nos faga dano

Por ti daría
.................a vida
por ti iría
..............ófin do mundo

porque este amor
..........................que sinto por ti
movería
............vento e marea
removería
...............ceo con terra
O amor,
esa inolvidábel sensación.
Case sempre
acaba rompendo,
pero sempre
volve a petar
ás portas
dos nosos corazóns.
Miña antiga compañeira,
que tanto nos rimos xuntas,
que esta amizade perdure
ata o fin dos nosos días;
que ningunha cousa,
catástrofe,
nos separe xamais.
O amor,
...unhas veces vén
............e outras vai;
pero a amizade,
........a amizade, de verdade,
...........sempre perdurará.
Tes un mirar felino
que só con mostrar
enfeitiza.
Tes un bo corpo
que só con ver
impacta.
Pero o máis prezado que tes,
e que ninguén ve,
é o teu corazón de ouro.
Cada mañá
.........alégrasme o día;
aínda que esteas
.........triste,
..................enferma
...............................ou enfadada,
ti sempre
nos fas rir.

Thursday, February 08, 2007

O tempo foi aquel,
aquel que unhas veces ía
rápido e outras despacio,
aquel que unhas veces está
canso e outras alegre,
aquel que unhas veces era
claro e outras escuro.


Foi rápido,
cando mataron
a tanta xente.

Foi despacio,
o tempopu que
lles levou matala.


Foi canso,
cando os seus habitantes
viron como eran censurados.


Foi alegre,
cando viron unha raiola
de luz
que lles anunciaba
liberdade,
que lles amosaba un bo futuro,
para os seus "herdeiros".


Foi claro,
cando viron que non voltarían
a ser sometidos.


É escuro,
cando certas persoas
nos mostran,
que coa violencia,
aínda se pode conseguir algo.