Wednesday, May 23, 2007











Hoxe remata o noso camiño xuntos,


parece mentira que xa pasasen tanto tempo;


tempo hai xa que eramos uns cativiños


que comezabamos con ledicia


unha das primeiras etapas das nosas vidas,


e agora uns aniños máis vellos,


vámosnos a separar.






sempre no noso recordo, estes felices anos.

Wednesday, May 09, 2007

O pan é máis útil que a poesía,
pro¿Cómo comer o pan
sin o compango da poesía?
A. S.

Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.

Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.

Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.

Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.

Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.

Wednesday, May 02, 2007


A esperanza...,
sentimento
esvaradizo,
que tan ben vén
como xa está
marchando de novo.
Todos din que cabe
unha certa "esperanza" de que non sexa así,
de que non pase o que ó final vai pasar,
polo que podo dicir, se é así,
¿teño que ter "esperanza" de algo,
ou toda a miña "esperanza" é unha simple ilusión
que o meu corazón agarda con desexo?
Vivimos nun mundo
cheo de inútiles sufrimentos,
que nos fan soñar
cun outro mellor,
cunha utopía inalcazábel.

Debemos deixar de soñar con ela
non está ó noso alcance.
Debemos vivir a vida
tal e como se nos propón,
e aprender a facer fronte
a todas esas penas que nos corrompen,
procurando que non nos consuman.

En cada momento da vida
hai un revés
que nos fai retroceder
(tempo incontábel
que temos que pasar
rápidamente)
para chegar a tempo
ó seguinte revés.