Wednesday, March 28, 2007

As bágoas esvaran
polas nosas meixelas,
como o desxeo das montañas
fai medrar o cauce dos ríos.



Outra mala nova,

temos que volver aguantar
a esa maldita,
a esa merda de enfermidade.



Queremos vivir,

estar tranquilos,
aínda que só sexa
a metade dun día.
Din que a esperanza
é o último que se perde.
Pois onte
foi a primeira en saír,
pechar a porta,
e emprender
un novo voo
sen retorno.

Wednesday, March 07, 2007











O que máis en falta botamos

é o que polo camiño perdemos,

o que queda atras despedíndonos

cun sorriso nos beizos.








Xa pasou,

toda a ilusión

se viu consumida

nuns poucos días de lecer.








Non volveremos

estar todos xuntos,

pero os que realmente

si que importan,

si que estaremos;

estaremos a esperar

un novo reencontro

que nos volva unir

nunha ledicia continua.