Friday, January 26, 2007

Inocente cativo
que todo o pos da túa parte,
Que non sabes o que pasa,
e que non sabes o que pasa,
e que a vez te enteras de todo,
viñeches no momento adecuado,
no tempo exacto.

Somos xa moitos
os que brincamos
contigo,
os que rimos
contigo,
os que xogamos
contigo,
os que te queremos
connosco.

Sempre serás parte de nós,
igual que o foi,
e sempre o será, el,
aquel que se puido salvar,
e hoxe estar aquí,
disfrutando de ti como nós.


Tamén lle alegrarías a vida
a aquel señor do que ías levar o nome,
aquel a quen todos coidamos
aínda tendo dous e cinco anos,
aquel que botamos en falta
e, ó que un meniño coma ti,
un homiño inquieto,
lle sorprendería,
como algunha outra
revolucionaria rapaza
lle fixen ter un sorriso na cara
durante os dous últimos anos.

No comments: