Wednesday, November 29, 2006

A VÓS
Primeiro somos
logo deixamos de ser,
ou iso decían
os antigos filósofos;
pero non é así,
as presoas
non "deixan de ser",
xa que nós
manterémolas
sempre vivas
no noso recordo.
A vós,
que tanta falta facedes,
a vós,
que tentades axudarnos
desde onde estades,
a vós,
vai dirixida
esta composición,
porque lembrarvos
é o mellor
que por vós
podemos facer.
GRAZAS POR TODO.
No noso recordo
de por sempre
quedaredes.
AS AMIGAS
Hai amigas
de toda a vida,
amigas
de apenas un ano,
pero todas elas
forman as amigas.
¿Qué seriamos nós
sen amigas?
Aquelas que nos
axudamos e apoiamos
mutuamente.
Esas que,
ás veces,
son máis
que a familia.
¿Qué seriamos nós
sen as amigas?
Todos tentan
separalas,
pero elas
resistirán,
porque
hai algo
que se chama
CONFIANZA,
que nada
nin ninguén
poderá derribala.
Esta unión eterna
que nos terá amarradas
de por VIDA.
¿Qué seriamos nós
sen as amigas?
SEMPRE XUNTAS
PASE O QUE PASE

Wednesday, November 22, 2006

GRAZAS, AMIGA
Ti, que foches
motivo de alegría,
ti,que foches
escusa de troulas,
a ti,
que un día marchaches,
a ti,
que un día marchaches,
a ti,
que escapaches fuxitiva
hacia os veciños,
a ti,
moitas grazas
por habernos dado
o que nos diches:
a alegría de estar
cos amigos,
e como non,
coa familia.
Grazas.

Tuesday, November 21, 2006

queriavos dicir que a nosa profesora, para a cal temos que facer este caderno (porque é un traballo de literatura galega e non un chat), comentounos que aquí só se admitían comentarios ó noso traballo, ou relativos coa literatura galega; así coma opinións do feito. Por iso temos que filtralos primeiro, o cal non quere dicir que non os vaiamos poñer, só que tardaredes en velos.

Moitas grazas pola vosa axuda e os vosos comentarios que animan e dan pulo para seguir.

moitos bicos e ata mañá.

Thursday, November 16, 2006

Ola benvidos ó blogger da meiga.

Cada mércores irémosvos dando unha nova entrega do noso traballo semanal publicando creacións propias ou doutros autores da nosa terra.

Intentaremos que haxa un maior interese polo GALEGO e pola súa literatura, así como polos feitos máis importantes que nela acontecen dunha maneira literaria e non periodística.

Tamén poderedes facer unha visita a miña compañeira en: omundodeshaila.blogger.com

Moitas grazas de antemán polas visita/s. Ata pronto.


Wednesday, November 15, 2006

No mar
comeza a medrar
unha negrura
fría e escura.
O monstro mariño
rompeu e verteu
unha masa
negra, intensa;
propagouse áxil,
silencioso,
arrasando ó seu paso
praias, rías,...
con toda a vida
que nelas habitaba;
e de paso,
cun pouco da nosa.
Pero eles,
os seres máis "intelixentes",
reveláronse ,
loitaron,
lanzaron o seu contrataque
unidos todos
baixo un mesmo lema:
NUNCA MÁIS.
Gañaron ó fin.
Victoriosos amosan
o monstro
no fondo do mar.
Apacible e calmado mar,
viuse truncado polo medo,
refutado pola terra;
pero agora,
exíbese,
orgullosa e fachendosa
da súa boa saúde.