Wednesday, September 26, 2007



Camiñaba soa, pola rúa, sen máis compañía que si mesma;notou algo extraño na ente, toda con abrigos, luvas,..., morrendo de frío, e ela, como saíra esa mañá da casa, en xersei, pantalóns vaqueros e zapatillas deportivas; e o máis curioso, non sentía frío, por non sentir, non sentía nada.
Foi o traballo, un día como os de sempre, ninguén se percatou da súa presencia, aínda que hoxe notaba algo extraño na xente, todos se paraban diante da súa mesa e facían acenos bastante raros, como si non estivese alí, e ela preguntáballes que pasaba, e todos seguían de largo como se nada, como sen escoitar nada máis que os seus propios pensementos.
...rematou a xornada, chegou a hora de volver a casa, unha casa que sentía extraña, sentía que xa non vivía alí. A súa nai voltara a casa tras un breve cruceiro, ela mesma llo regalara tras romper a súa relación con Pablo, era a súa viaxe de noivos; e tirara todas as súas cousas, ela non sabía porqué, preguntárallo pero a súa nai non lle contestaba nunca, estaba como ausente dende a volta das vacacións. O que ela recordaba das súas vacacións era estar tirada no sofá, revisando todos os recordos que tiña da súa relación con Pablo, rachando fotos e queimando recordos na súa mente..., pero tiña a impresión de que algo máis pasara, iso si, non lograba recordarse do que fora...
Chegou a casa e viu unha situación atípica na súa familia, todos reunidos na sala, pero había outra cousa, todos estaban vestidos de loito e chorando. Entrou na sala, e preguntoulle a súa irmá que qué pasaba, pero non lle contestou, fixo o mesmo co resto de seus irmáns, con seus tíos con seus curmáns,..., era como se todos a ignorásen, a tónica normal desde había uns días; de súpeto, entrou o seu pai na sala, levaba unha urna con cinzas, non entendía nada, de quén eran as cinas?, porqué ninguén lle contestaba?, achegouse a urna depositada encima da mesa e leu unha plaquiña que había nela, tal foi o seu espanto, que tropezou con todos os seus parentes e foi cae aquí cae alá ata que saiu da casa. Baixou a rúa e atopou un xornal de unha semana anterior (13/01/2007), púxose a ler na páxina de sucesos e non saia do seu propio asombro, a noticia era: "RESOLTO O CASO DA MOZA ATOPADA MORTA NUN CALLEJÓN DA CIDADE EN NOITE BOA" e seguía "Leticia Arxiz Vans, de 29 anos, será entregada a súa familia a vindeira semana despois de tódolos trámites que se deben levar a cabo nun caso de asasinato como é este. O autor, un ciudadano de nacionalidade polaca que responde as iniciales D.S.M., xa foi ingresado en prisión e está a espera de ser xuzgado...", era impresionate, levaba vinte días morta e non se dera aínda de conta..., agora se recordaba de todo, en noite boa quedara para falar con Pablo, os dous o precisaban, querían seguir sendo amigos despois de todo, quedaran no aeroporto, Pablo tiña unha das típicas viaxes de negocios que os levaran a esa situación; pero de camiño o aeroporto alguén a arrinconou nun callejón e a ameazou polos cartos, non chegou a cita e Pablo seguramente marcharía sen agardar por ela, así que decidiu ir a velo, xa tería que haber volto. Chegou a rúa onde agora vivía el, entrou na casa e viu os xornais polo solo coa súa foto e a noticia da súa morte, Pablo estaba no sofá tumbado e con aspecto descoidado, de súpeto, toda imaxe da vida tal e como a percibimos esvaeceuse, non podía ver nada, o seu tempo xa rematara.