Wednesday, January 24, 2007

Temos gañas de vivir;
temos gañas de estar aquí,
cos nosos;
temos gañas de rirmos da vida.
Temos gañas de saír para adiante,
pero sempre acabamos chorando,
algo nos estanca,
algo nos rompe a paos,
na inxustiza da súa ledicia;
e fainos medrar,
e fainos máis fortes,
na tristeza.

4 comments:

Anonymous said...

gustanme a maioria dos teus poemas

Anonymous said...

Todo o malo que nos acontece fainos despois máis fortes e tamén fai que tomemos a vida máis en serio.Pero sempre hai que ser positivos porque despois dunha mala racha veñen outras moi boas.Animo para sorrir!!!

Xacias said...

Boas!!xa vai tempo que non me pasaba por aquí, e alegrome de ver que seguides publicando. O poema é unha pasada, pero hai que mirar a vida en positivo. Momentos malos témolos todos mais sempre é mellor lembrar os bos.
1 Saúdo!!

Nocturno said...

que os atrancos do sendeiro revirado non che quiten nunca as gañas de vivir...