Thursday, April 26, 2007


Bágoas negras

chegan hoxe

ós nosos corazóns;

esa pena

que por dentro

nos corrompe

minuto a minuto,

non se olvidou de volver.


Recordos, tristes recordos,

hoxe vagan na nosa alma

anoxada,

escurecida,

débil.


Miramos atrás e sufrimos,

porque estabas e xa non estás;

miramos adiante e seguimos a sufrir,

porque tampouco estás,

tampouco estarás.

Só os nosos corazóns

te recordan sempre

con aquel agarimo que ti mereces,

con aquel, que ti, ben seguro,

nos recordarías cada día

daquela longa vida

que che quedaba por vivir

ó noso carón.


A ti che adico estes versos.

Wednesday, April 25, 2007

Mañá será un mal día;
un funesto día coma o foi,
e sempre o será,
cada 26 de abril.


É ese funesto día

que sempre amence
coa tristura debuxada
nos beizos.


Deberíamos mirar adiante,

e recordalo cun sorriso,
non con pena,
non egoístamente.


É moi pronto para facer isto,

esperaremos algún tempo máis,
necesitamos recuperarnos.


Pídolle desculpas en nome de todos

por non o recordar como se merece.


Non podo evitar a sensación

de que se hoxe vivísedes neste mundo,
estaríades orgullosos de todos nós;
e tampouco podo evitar o pensamento,
de que vós a axudástes,
como eu vos pedín.


GRAZAS

Wednesday, April 11, 2007

A FORZA DA VIDA

Soñar é gratis,
vivir non;
temos que pagar
un inxusto prezo
por estar aquí:
peder as persoas
que máis felices nos fan.

O transcurso da vida
fai máis fortes as persoas,
iso é unha realidade.
Pero fainas máis fortes por fóra,
por dentro debilítanse,
e sofren o que non deberían.

Este ciclo vital
ten tamén enfermidades,
males aínda incurables,
que fan que a xente
se sinta débil,
perda as ganas de vivir,
e non loiten para seguir.
Aínda que, cando o tempo é longo,
esa persoa faise forte,
rebélase contra a morte,
e quen sabe quen gañará esta vez,
o tempo nolo dirá.
(Esperemos gañar)
I

Cando marchaches,
fixéchelo coa intención
de vernos moito tempo despois.
A túa intención,
non se cumpriu.
Primeiro el,
único durante moito tempo,
e agora,
outra vez único.
Agora ela,
a intención desta necia vida,
desta porca existencia,
de querer levárnola.
Nove anos,
loitando,
sufrindo,
chorando.¨
É o tempo de rebelarnos,
e de dicirlle
a esa Señora Morte,
que ela non debe marchar.

II
Axudáchesnos,
axúdasnos;
pídoche:
deixa de axudarnos
e axúdaa a ela!!,
ela é quen te precisa,
quen máis necesita,
e canto máis a axudemos todos,
máis fácil será todo.
Se ó fin pasa o inevitable,
o que non debe pasar,
pídovos ós tres,
que nos axudedes,
con esta nosa velliña,
para conservala con nós moito máis;
con este noso cativo,
o que moito lle que dá por sufrir.

Só vos pido iso,
un pouco de axuda.