Friday, January 26, 2007

Na brétema,
esculca os nosos corazóns.
Cando chove,
lava as nosas decepcións.
Cando xea,
conxela os nosos sentimentos.
Nos días de sol,
brilla a nosa ledicia, a nosa alegría.
Cando saraiba,
golpea o noso enfado, o noso odio.
Na neve,
somos almas errantes que vagamos
sen sentiso concreto.
¿Quen nos guía?,
non o sei.
¿Quen é esa "alma" superior?,
nin sequera sei se existe.
¿Hai algo que nos controla?,
¿Existe o destino?,
si mais non o sei,
pódeselle chamar así.

1 comment:

Somoneta said...

eu creo que si existe, bueno en realidade non o sei, pero é algo interesante no que me pare a pensar esta noite, se existe ou non jeje saúdo amor querote moito