Wednesday, April 25, 2007

Mañá será un mal día;
un funesto día coma o foi,
e sempre o será,
cada 26 de abril.


É ese funesto día

que sempre amence
coa tristura debuxada
nos beizos.


Deberíamos mirar adiante,

e recordalo cun sorriso,
non con pena,
non egoístamente.


É moi pronto para facer isto,

esperaremos algún tempo máis,
necesitamos recuperarnos.


Pídolle desculpas en nome de todos

por non o recordar como se merece.


Non podo evitar a sensación

de que se hoxe vivísedes neste mundo,
estaríades orgullosos de todos nós;
e tampouco podo evitar o pensamento,
de que vós a axudástes,
como eu vos pedín.


GRAZAS

1 comment:

Anonymous said...

seguro que mañá non é unmal día, se non un día cheo de bonitos recordos. cada día, cada momento é un cúmulo de recordos e ideas compartidas. non esquecer é unha maneira de que siga a vida en nós.