Wednesday, April 11, 2007

A FORZA DA VIDA

Soñar é gratis,
vivir non;
temos que pagar
un inxusto prezo
por estar aquí:
peder as persoas
que máis felices nos fan.

O transcurso da vida
fai máis fortes as persoas,
iso é unha realidade.
Pero fainas máis fortes por fóra,
por dentro debilítanse,
e sofren o que non deberían.

Este ciclo vital
ten tamén enfermidades,
males aínda incurables,
que fan que a xente
se sinta débil,
perda as ganas de vivir,
e non loiten para seguir.
Aínda que, cando o tempo é longo,
esa persoa faise forte,
rebélase contra a morte,
e quen sabe quen gañará esta vez,
o tempo nolo dirá.
(Esperemos gañar)

3 comments:

Anonymous said...

ola miña rapariga as tuas palabras son tristes pero comvovedoras.
canto tempo sen estax untas canto tempo sen falar miles de cousas me tes que contar pro non aki.
miles de bikos miña pequena querote moitisimo encantanme todo o sque escribes
un besazo

a morriña de Shaila said...

as túas palabras dnme moitas forzas para seguir, ó igual que o da xente que me quere.
grazas por estar aí e perdoa por se algo malo che fixen, non foi con intención.
sabes que sempre me teás ó teu lado.
agardo que nunca me esquezas por que eu estarei sempre aquí para o que precises.
un millón d ebicos
sempre túa
shaila

Anonymous said...

non se perde a quen se quixo. sempre permanece en nós o compartido.