Thursday, April 26, 2007


Bágoas negras

chegan hoxe

ós nosos corazóns;

esa pena

que por dentro

nos corrompe

minuto a minuto,

non se olvidou de volver.


Recordos, tristes recordos,

hoxe vagan na nosa alma

anoxada,

escurecida,

débil.


Miramos atrás e sufrimos,

porque estabas e xa non estás;

miramos adiante e seguimos a sufrir,

porque tampouco estás,

tampouco estarás.

Só os nosos corazóns

te recordan sempre

con aquel agarimo que ti mereces,

con aquel, que ti, ben seguro,

nos recordarías cada día

daquela longa vida

que che quedaba por vivir

ó noso carón.


A ti che adico estes versos.

2 comments:

Somoneta said...

ola wapisima e lindo recordar o tempo que pasaches o seu caron pero cdos momentos mais fermosos.
estas palabras son moi sinceiras e moi fermosas pero é hora de que deicxes o pasado e que o recordes polo que era un rapaz extrovertido e tome amable ca xente coma ti.
bueno un bicazo miña nena querote moitisimo e grazas por ese comentarioo

Anonymous said...

ola guapa todos sabemoso que era o tue primo animo e un besazo