Wednesday, April 11, 2007

I

Cando marchaches,
fixéchelo coa intención
de vernos moito tempo despois.
A túa intención,
non se cumpriu.
Primeiro el,
único durante moito tempo,
e agora,
outra vez único.
Agora ela,
a intención desta necia vida,
desta porca existencia,
de querer levárnola.
Nove anos,
loitando,
sufrindo,
chorando.¨
É o tempo de rebelarnos,
e de dicirlle
a esa Señora Morte,
que ela non debe marchar.

II
Axudáchesnos,
axúdasnos;
pídoche:
deixa de axudarnos
e axúdaa a ela!!,
ela é quen te precisa,
quen máis necesita,
e canto máis a axudemos todos,
máis fácil será todo.
Se ó fin pasa o inevitable,
o que non debe pasar,
pídovos ós tres,
que nos axudedes,
con esta nosa velliña,
para conservala con nós moito máis;
con este noso cativo,
o que moito lle que dá por sufrir.

Só vos pido iso,
un pouco de axuda.

1 comment:

Anonymous said...

lembra que a morte só é unha etapa máis no camiño e como tal debemos vivila. o camiño percorrido en compañía sempre deixa unhaboa pegada