O pan é máis útil que a poesía,
pro¿Cómo comer o pan
sin o compango da poesía?
A. S.
Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.
Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.
e ponse a luz en marcha.
Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.
Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.
Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.
2 comments:
non hai poema de amor máis fermosa.
hai meiga cánto te aprecio e ti seguro que o sabes.sinto non demostrarcho como mereces. intentarei seguir o teu consello pero fai ti o mesmo por nada se acaba; o mundo xira e xiraq e cando menos o penses a vida darache unha sorpresa e non ha de ser moi tarde.
un bico forte e ánimo.
Post a Comment