Wednesday, November 15, 2006

No mar
comeza a medrar
unha negrura
fría e escura.
O monstro mariño
rompeu e verteu
unha masa
negra, intensa;
propagouse áxil,
silencioso,
arrasando ó seu paso
praias, rías,...
con toda a vida
que nelas habitaba;
e de paso,
cun pouco da nosa.
Pero eles,
os seres máis "intelixentes",
reveláronse ,
loitaron,
lanzaron o seu contrataque
unidos todos
baixo un mesmo lema:
NUNCA MÁIS.
Gañaron ó fin.
Victoriosos amosan
o monstro
no fondo do mar.
Apacible e calmado mar,
viuse truncado polo medo,
refutado pola terra;
pero agora,
exíbese,
orgullosa e fachendosa
da súa boa saúde.

1 comment:

Xacias said...

Mans negras aínda se erguen e o mar chora da cor da morte.
O mar de Manoel Antonio non esquece.Nós tampouco.
Que pasada de pema, espero ler moits coma ese.