Wednesday, March 07, 2007











O que máis en falta botamos

é o que polo camiño perdemos,

o que queda atras despedíndonos

cun sorriso nos beizos.








Xa pasou,

toda a ilusión

se viu consumida

nuns poucos días de lecer.








Non volveremos

estar todos xuntos,

pero os que realmente

si que importan,

si que estaremos;

estaremos a esperar

un novo reencontro

que nos volva unir

nunha ledicia continua.






2 comments:

Somoneta said...

estou segura que si, que ese seres os que tanto te queren, e algun día abandoes, tal vez por problemas de traballo, ou de studo, sempre te levaran,no corazon, ou simplemente aquelas que xa non estan sempre te vixiaran desde donde queira que estean.
eres un sol de rapaza e eu levareiote sempre neste corazon, creo que eres consciete do que eu teño e do que ti tes.non si?
bikos e asta proto ruliña querote moito

Anonymous said...

como podes condensar tanto sentimento nuns poemas tan breves de palabras???? pódese dicir máis alto, pero non máis claro.