Thursday, February 08, 2007

O tempo foi aquel,
aquel que unhas veces ía
rápido e outras despacio,
aquel que unhas veces está
canso e outras alegre,
aquel que unhas veces era
claro e outras escuro.


Foi rápido,
cando mataron
a tanta xente.

Foi despacio,
o tempopu que
lles levou matala.


Foi canso,
cando os seus habitantes
viron como eran censurados.


Foi alegre,
cando viron unha raiola
de luz
que lles anunciaba
liberdade,
que lles amosaba un bo futuro,
para os seus "herdeiros".


Foi claro,
cando viron que non voltarían
a ser sometidos.


É escuro,
cando certas persoas
nos mostran,
que coa violencia,
aínda se pode conseguir algo.

1 comment:

Anonymous said...

e o tempo nas túas palabras esvaece como sombra de soños silandeiros.